O BNG pide a comparecencia urxente da conselleira de Educación

1 minutes read

O portavoz de educación do grupo parlamentario nacionalista, Manu Lourenzo  anunciou a solicitude do BNG para que a titular de educación compareza no Parlamento galego, de maneira urxente, para dar resposta ás demandas dos representantes do profesorado, ás familias e o propio estudantado. A día de hoxe, dixo, carecemos de “certezas e medidas” que garantan a seguridade no inicio do curso escolar e a situación derivada polo incremento de casos da COVID fai necesario que a consellería de Educación escoite á comunidade educativa. Lourenzo criticou  o “desleixo” do goberno galego na loitar contra a pandemia e pediu que tome decisións ante o incremento dos contaxios.