O BNG pide a Feijóo que garanta un des-confinamento seguro

1 minutes read

O Bloque aposta pola “precaución” para que a desescalada sexa segura “e evitar dar pasos atrás botando por terra o conseguido con tanto esforzo”. Sen opoñerse a que existan criterios xerais pactados, o Bloque recalca que as decisións das medidas a tomar para ir recuperando a normalidade “deben tomarse no ámbito galego porque hai un maior coñecemento das nosa propia realidade”. Neste sentido, a portavoz nacional do BNG Ana Pontón, reprocha a Feijóo “que se esconda tras o mando único” en lugar de liderar como presidente da Xunta a toma de decisións para un des-confinamento que, en todo caso, ten que acordar coas forzas políticas e axentes sociais.