O BNG pide a Fernández-Tapias que esixa á Xunta os xulgados de 24 horas en Vigo

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego esixe ao Goberno galego que poña en marcha de forma inmediata as gardas de 24 horas nos xulgados de Vigo. A fronte nacionalista urxe á delegada da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias, a que reclame a implantación desta reivindicación histórica como prioridade en material xudicial, fronte aos continuados posados fotográficos que vén realizando nas obras da Cidade da Xustiza. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, apuntou que a implantación desta histórica reivindicación só depende da Xunta após os reiterados acordos plenarios no Concello de Vigo, o aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) e do propio Ministerio de Xustiza.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?