O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante a quenda de preguntas o Presidente, denunciou a situación de crise que están a vivir os traballadores e traballadoras de Alcoa San Cibrao ante o posíbel fechamento da factoría de Aluminio. O deputado inquiriu a Sánchez polas medidas que pensa adoptar o Goberno para enfrontar a crise económica e industrial que está a sufrir o noso país. “A crise social e económica provocada pola emerxencia sanitaria superponse na Galiza a unha crise industrial profunda que afecta especialmente -mais non só- á industria electrointensiva” subliñou. Os nacionalistas suxiren que se a dirección persiste na súa decisión de pechar, a única alternativa é nacionalizar a empresa. Hai que recordar que xa foi pública e que nunca debeu ser privatizada.
O BNG pide a nacionalización de Alcoa
Foto.- bng