O BNG pide a PP e PSOE que se poñan do lado de Galiza apoiando o rescate da AP-9


O BNG somete a debate no próximo Pleno do Parlamento unha proposición non de lei na que reclama o rescate da concesión da AP9, despois de que a Comisión Europea declarase ilegal as sucesivas prórrogas  aprobadas desde 2013, a última de 25 anos baixo o Goberno de Aznar, autor tamén da privatización a prezo de saldo e co actual presidente da Xunta como conselleiro de infraestruturas. Pontón ve nesta iniciativa parlamentaria unha “oportunidade de que PP e PSOE rectifiquen e se poñan do lado de Galiza apoiando esta proposta, en lugar de adoptar unha posición partidista ou de seguidismo do que se decide en Madrid”.

“O BNG sempre denunciou que as peaxes da AP9 son unha estafa e unha discriminación con Galiza, de aí a súa persistente reclamación dunha autoestrada galega e libre de cargas. Pero agora temos un elemento novo sobre a mesa moi substancial: O goberno europeo declara que a concesión actual é ilegal e iso implica que os galegos e as galegas pagaron 1.091M€ de xeito ilegal á AUDASA”, argumentou Pontón.