O BNG pide axilizar a conexión ferroviaria Vigo – Porto e impulsar o Corredor Atlántico

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o portavoz municipal do BNG vigués, Xabier P. Igrexas, subliñaron que o BNG está desenvolvendo unha ofensiva nas institucións para que Galiza non continúe no retraso de vertebrar as conexións entre Galiza e o norte de Portugal. Para o Bloque é imprescindible a modernización e a mellora do servizo da liña ferroviaria entre Vigo e Porto e por iso vén de presentar iniciativas no Parlamento Europeo e no Congreso para que estas infraestruturas e a integración da liña de mercadorías Vigo – Porto no Corredor Noroeste teñan garantido o financiamento con fondos europeos. En concreto, a iniciativa presentada na Eurocámara a través da coalición na que está integrada o Bloque pregunta os prazos concretos e o orzamento para desenvolver as infraestruturas correspondentes. O BNG considera fundamental acometer a modernización e mellora da rede e os servizos ferroviarios, que inclúen a saída sur de Vigo, como instrumento fundamental de vertebración territorial, cohesión social, desenvolvemento sustentable e conciliación entre a vida laboral e familiar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha