43
A portavoz nacional do BNG destacou en Bruxelas as necesidades de Galicia con vistas a unha transición enerxética xusta. Ana Potón reuniuse coa directora de Mercados de Carbono para explicarlle as particularidades do país e a necesidade que Galicia estea incluída nos plans de transición enerxética xusta. Nesta xornada estivo acompñada pola voceira do BNG en Europa e polo concelleiro das Pontes, Kiko da Silva, que insistiron na importancia de optar a estas axudas para manter a industria, con alternativas ao carbón na planta de Endesa nas Pontes.