A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pregúntase a que espera o presidente da Xunta para descolgar o teléfono e convocar aos partidos políticos da oposición co obxectivo de fixar unha estratexia de país de cara ao reparto do fondo COVID europeo, -Next Generation-, para conseguir que Galicia reciba o que lle corresponda e tendo en conta a centralización que pretende impoñer o Goberno do Estado. O BNG está en contra de que o Goberno central decida en exclusiva a repartición dos fondos europeos de recuperación. Piden que o presidente da Xunta coordine unha resposta conxunta das forzas políticas galegas.“Desde o BNG queremos transmitir a nosa preocupación pola centralización da xestión do Fondo COVID europeo porque a experiencia nos demostra que cando é Madrid quen fai a distribución, Galiza perde», afirmou Pontón.
36