O BNG pide medidas inmediatas para evitar a erosión dos montes queimados no Concello de Ponteceso

O deputado carballés, Daniel Pérez, e os seus compañeiros pertencentes ao Grupo Parlamentar do BNG, presentou unha Proposición non de lei para debate na Comisión 7ª, sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para a rexeneración das zonas afectadas polos lumes que asolaron o Concello de Ponteceso este verán, uns dos lumes máis devastadores dos últimos trinta anos, con 500 hectáreas calcinadas.

Por elo, dende o BNG, por medio do Parlamento, «insta a Xunta de Galiza a adoptar, tan pronto se extingan os lumes activos e se garanta a seguridade total de casas e veciñas e veciños afectadas, as medidas necesarias para evitar a erosión dos montes queimados polo lume no Concello de Ponteceso, nomeadamente no Monte Branco, Valarés, Monte Faro e o seu entorno.”

Related posts

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso brilla no GaliciaSkills cun ouro e unha prata

O PSdeG amosa o seu «claro rexeitamento» ante as manifestacións de Paula Mouzo sobre a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua

O Concello de Zas abre o prazo de solicitude das Bolsas de Estudos para o curso 2025-2026