O BNG pide medidas no Parlamento para mellorar a seguridade viaria en Cee e Fisterra

O Grupo Parlamentar do BNG presenta unha proposición non de lei para instar á Xunta de Galicia a licitar no ano 2023 a elaboración do proxecto de urbanización e humanización da AC-552 na saída do centro urbano de Cee cara A Coruña, dende a coñecida como rotonda “do Lar” até o cruce coñecido como “Cruce de Roget”, así como na AC-550, para transformar as entradas á vila de Cee e mellorar a seguridade viaria e peonil.

Os nacionalistas tamén piden adoptar de xeito inmediato as medidas que sexan necesarias para mellorar a seguridade viaria e, en especial, garantir a seguridade dos peóns na estrada AC-445 ao seu paso por Estorde (Cee) e na coñecida como recta da Anchoa (Fisterra), coa instalación de pasos de peóns e a redución da velocidade.”

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha