O BNG pide poñer fin ao «vodevil» entre Xunta e Concello que deixa Vigo sen o concerto de Muse

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego esixe o cese do «vodedil e do conflito permanente» entre a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo diante da polémica creada polo concerto de Muse. A fronte nacionalista acusa á delegada do Goberno galego, Marta Fernández-Tapias, e ao alcalde, Abel Caballero, de utilizar outra vez as institucións para as súas batallas partidistas nas que, unicamente, saen prexudicados os intereses da cidade. Igrexas trasladou unha carta a ambos responsábeis políticos para instalos a rectificar e abrir unha inmediata cooperación institucional entre Concello e Xunta para evitar que a maior cidade de Galiza volva ficar fóra da programación de grandes eventos da Xunta. «Non podemos seguir a pagar o prezo destas polémicas estériles que unicamente acaban por nos prexudicar á veciñanza de Vigo», sentenciou.