O BNG pide recuperar os dereitos roubados á clase traballadora derrogando a reforma laboral

1 minutes read

O BNG reclama ao Goberno de Pedro Sánchez que cumpra a palabra dada á cidadanía e derrogue integramente a reforma laboral de 2012 para recuperar os dereitos laborais “roubados” á clase traballadora polo PP, tendo en conta que existe unha maioría no Congreso que permite liquidar esa “abrasiva” contrarreforma. A portavoz nacional da formación, Ana Pontón, afirma que ‘hai unha proposta sobre a mesa que é claramente decepcionante porque non cumpre coa promesa que se lle fixo á cidadanía’. Pontón puxo máis exemplos de dereitos laborais perdidos que se deben recuperar, como a autorización administrativa dos EREs. ‘Non é lóxico que sexa igual de barato despedir cun goberno do PP que cun Goberno de PSOE-Podemos’, concluíu.

https://twitter.com/i/status/1486972320455528451