O BNG pide rematar cun “goberno paralizado” e un presidente “en funcións”

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que ante a crise económica como a que estamos vivindo, “un goberno do BNG na Xunta impulsaría a tarifa eléctrica galega, impostos ás eléctricas, rebaixas das peaxes, axudas para os sectores produtivos e medidas sociais para as familias máis vulnerables.

Estas, recalcou a nacionalista, “serían as medidas que estaría impulsando un goberno dirixido polo BNG”, un goberno centrado en ofrecer solucións aos problemas dos galegos e galegas pero lamentablemente estamos ante un goberno  da  Xunta “paralizado por unha crise de corrupción do Partido Popular, que estes días volve a agromar”.

Na súa visita a Lugo, Pontón aludiu á situación política galega e a volta de Feijóo a Galicia tras a súa xira como presidente do PP da que dixo, os galegos e galegas non merecemos ter un “presidente parcial e un goberno paralizado na Xunta” máis pendente da “sucesión interna no seu partido” que dos problemas da cidadanía.