O BNG ten posta en marcha unha campaña de mobilizacións baixo o lema Os prezos soben, os teus cartos baixan, que este luns levou á portavoz nacional, Ana Pontón, ó mercado coruñés de San Agustín e que culminará coa manifestación prevista para este domingo en Santiago.
En relación á subirlle os impostos ás eléctricas, Pontón destaca que o beneficio do sector superou os 11.000 millóns de euros en 2021, un incremento superior ó 200%, e que parte dese escandaloso beneficio debe trasladarse ós colectivos máis afectados en forma de impostos para axudar a compensar o impacto da escalada de prezos, en particular o da factura da luz.
A líder do BNG tamén puxo a mirada no aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, que sigue sen adoptar ningunha medida concreta para atallar a escalada de prezos e o seu impacto na economía galega, máis aló de buscar culpables e de facer anuncios que non se concretan no DOG.