O BNG pide un plan de choque para protexer as residencias de maiores da pandemia

A portavoz nacionalista, Ana Pontón, reitera a “total e leal” colaboración do BNG para loitar contra a crise do coronavirus, pero ante a situación xerada nas residencias de maiores, o BNG pide que se poña en marcha “un plan de choque” para protexer ás persoas usuarias e ofrecer as máximas garantías ás traballadoras e traballadores e nesta liña deben realizarse  probas de coronavirus “en todas as residencias de maiores, tanto a persoal como residentes” e intervir as residencias privadas mentres dure a crise sanitaria coa finalidade de coordinar medidas e dar unha resposta a un sector tan vulnerábel. Ademáis urxe á Xunta a dotar unha liña de fondos propios para axudas a persoas sen recursos para dispoñer  dun mínimo vital co que  facer fronte aos gastos de alimentación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha