O BNG pide unha auditoría para coñecer o estado de contaminación do Río Eume

1 minutes read

O BNG presentou no Parlamento unha batería de iniciativas a través das que solicita ás comparecencias das conselleiras de Medio Ambiente e de Infraestruturas e a realización dunha auditoría independente en colaboración coa universidade sobre a contaminación do río e do impacto en diferentes eidos, así como a remisión de toda a documentación do pacto ambiental asinado en 2012 entre o Executivo e a empresa, para poder analizar que actuacións se levaron a cabo e cales non, e poden explicar a situación de deterioro actual do río. En relación á auditoría que reclama a formación nacionalista, ese informe debe incluír a análise dos sedimentos depositados no leito do río que quedaron ao descuberto como consecuencia da forte baixada do nivel das augas do encoro da Capela; dos lixiviados e dos lodos e sedimentos acumulados no fondo da presa así como os riscos potenciais para o medio e a saúde.