O BNG pide unha axuda puntural para paliar os efectos da suba dos carburantes e da enerxía

0 minutes read

A portavoz do BNG, Ana Pontón, propuxo este xoves dentro do plan de choque para combater a crise de prezos unha axuda «puntual» de 300 euros dirixida aos traballadores autónomos destinada a «paliar os efectos da suba dos carburantes e da enerxía». A medida forma parte do plan de resposta que expón o BNG á crise de prezos e que supón unha mobilización de 1.000 millóns de euros que defenderá no Parlamento galego e que, para a formación nacionalista, axudaría os traballadores autónomos e pemes que «o están pasando mal neste momento», segundo a líder do BNG.