O BNG pide unha comisión de investigación sobre a xestión das residencias de maiores

1 minutes read

As deputadas do BNG, Montse Prado e Olalla Rodil mantiveron un encontro con familiares de persoas usuarias das residencias de maiores e representantes de REDE (Federación de asociacións de usuarios de residencias e dependencia) e FAUDEMA para presentarlles a solicitude de creación dunha comisión de investigación sobre o acontecido nestes centros durante a pandemia, por “xustiza, verdade e reparación”, afirman. Olalla Rodil explicou que as residencias foron “na primeira onda do virus un dos principais focos de contaxio” até o punto de producirse no noso país situacións de enorme gravidade como as vividas na Residencia San Rosendo de Celanova ou nas DomusVI de Cangas. Nas residencias galegas ao final acabaron perdendo a vida 278 persoas.