O BNG pon en valor en Vigo o acordo de investidura | Tren de cercanías e Saída Sur

2 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego pon en valor o acordo de investidura con compromisos para Vigo como a posta en marcha dun tren de cercanías e a axilización da Saída Sur para a conexión de alta velocidade con Porto. Así o defenderon o deputado no Congreso, Néstor Rego, e o portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, nun acto celebrado este venres na cidade para explicar o traballo nacionalista nas Cortes do Estado.

“En campaña electoral comprometémonos a defender os intereses da Galiza e de Vigo en Madrid e a ser muro de contención contra a dereita e a ultradereita, e cumprimos as dúas”, subliñou Rego, que advertiu de que a fronte nacionalista vai ser “exixente” co Goberno español á hora de garantir o cumprimento de todas as medidas acordadas.

O voceiro nacionalista no Congreso asegurou que máis unha vez quedou demostrada a importancia de contar cunha forza política propia para que as necesidades das galegas e galegos conten con voz no Congreso fronte á actitude “submisa” das e dos deputados dos partidos estatais. Nese sentido, salientou os compromisos recollidos no acordo de investidura que, de non ser pola representación do Bloque, non estarían hoxe sobre a mesa.

Entre eles, Rego destacou os avances acordados en materia de mobilidade, nomeadamente na mellora das conexións ferroviarias da cidade coa posta en marcha dunha rede de tren de cercanías que conecte a área de Vigo coa de Pontevedra antes do remate da lexislatura, coa axilización da alta velocidade con Portugal a través da Saída Sur cara o ano 2030, coa recuperación das frecuencias recortadas no servizo de Medio Distancia e co impulso do Corredor Atlántico. Aliás, puxo en valor a nova rebaixa das peaxes na AP-9 fronte ao “calote” que supón a concesión Audasa para moitos vigueses e viguesas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?