O BNG pregunta no Parlamento sobre unha posible venda das centrais de Xeal

0 minutes read

Os nacionalistas Daniel Pérez, Ramón Fernández e Carmela González queren saber se a Xunta ten coñecemento sobre unha nova operación de compravenda do conglomerado de Xeal en Cee e Dumbría. E se é así que se cumpran as cláusulas vinculantes, mantendo a actividade industrial e os postos de traballo, quede quen quede ao cargo das factorías.