O BNG preguntará no Parlamento sobre o pantalán de Cabana de Bergantiños

1 minutes read

Daniel Pérez López e Rosana Pérez Fernández, deputado e deputada do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), presentarán unha pregunta para resposta oral na Comisión 8ª, sobre o pantalán de Cabana de Bergantiños. Afirman que «na zona atópase o edificio que acolle ao Club Náutico, que realiza actividades dirixidas ao fomento do remo e piragua (kayak de mar), ofertando tamén cursos de aprendizaxe, sobre todo, no verán.
As persoas asistentes a eses cursos, así como as socias do club teñen que percorrer unha distancia duns 200 metros cos seus kayaks, polo paseo marítimo, até a rampla do Pendón. Ese volume de embarcacións, dedicadas a recreo e pesca deportiva, e unha a labores de marisqueo, así como a actividade do Club Náutico fai necesaria a instalación dun pantalán que permita
que as embarcacións dispoñan dun atraque en condicións». Isto, conclúen os nacionalistas, «facilitaría o acceso á auga das persoas usuarias e socios do Club Náutico, evitando o tránsito cos kayaks polo paseo marítimo, ao tempo que melloraría a seguridade das embarcacións que alí atraquen, evitando os actuais problemas derivados dun amarre en precario.