O BNG presenta 278 emendas aos orzamentos do Estado

O deputado no Congreso, Nestor Rego, explicou as catro grandes áreas nas que se concentran as emendas nacionalistas: infraestruturas, crise industrial, medio ambiente e políticas sociais e fiscais. “Agora corresponde ao Goberno mover ficha e demostrar que hai unha mudanza de posición e que se trata con xustiza a Galiza”, indicou, “e iso pasa por un investimento que compense o déficit histórico, pasa porque a totalidade dos impostos que pagamos aquí repercutan na mellora das condicións de vida e de benestar de todos os galegos e galegas”. O BNG tamén propón subir as pensións mínimas até equiparalas con SMI, tendo en conta que Galiza ten as segundas prestacións máis baixas do Estado, e a posta en marcha de xulgados específicos contra a violencia machista en Santiago, Ourense e Lugo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha