O BNG presenta alegacións contra o proxecto de Carlos Mouriño no monte común de Mos

1 minutes read

O BNG de Mos vén de presentar este luns, na delegación da Xunta de Galiza en Vigo, a súa oposición contra o que denominan o “pelotazo especulativo” promovido polo presidente do Real Club Celta no monte común de Tameiga. A fronte nacionalista rexeita a pretensión do Goberno galego de declarar este proxecto como de Interese Autonómico atendendo ao seu impacto ambiental “crítico” sobre a paisaxe, o patrimonio natural e cultural en terreos veciñais.

“Dende o BNG opoñémonos a que a Xunta siga favorecendo a un empresario que busca o seu lucro por riba dos intereses de toda a veciñanza”, denunciou o portavoz municipal do BNG de Mos, Gustavo Barcia, acompañado pola tamén concelleira Sara Samartín, nun acto conxunto coa Comunidade de Montes de Tameiga, a plataforma a Auga é Vida e unha ampla representación de persoas e entidades afectadas polo proxecto.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?