O BNG afirma que aposta por enerxías renovables como a eólica, pero non a calquera prezo. No caso do proxecto do parque eólico Monte Neme din que ese prezo é inasumible e por iso o rexeitan, convidando tanto aos concellos afectados coma á cidadanía a que o fagan tamén.
O parque eólico Monte Neme, que afecta aos concellos de Carballo (que xa presentou alegacións) e Malpica de Bergantiños, o deputado Daniel Pérez e o responsable comarcal do BNG, Marcos Trigo, rexistraron xa o documento que recolle os motivos da súa oposición ao proxecto. Son moitos, xa que a autorización que está a tramitar a Xunta está repleta de erros e eivas tanto na forma coma no fondo, afirman. A nivel medioambiental din que non se avalía correctamente o impacto da construción das infraestruturas do parque (vías, canalizacións…), nin sobre os recursos hídricos, nin nos hábitats e especies de flora e fauna protexidas, malia afectar a unha Zona de Especial Protección para as Aves como é o complexo Razo-Baldaio. A autorización deste parque tal como está proxectado suporía “un dano irreparable para a zona”, insistiu Marcos Trigo.