0
O BNG aprobou este venres as candidaturas para as eleccións do 23 de xullo. Encabezan as listas Carme da Silva por Pontevedra, Néstor Rego pola Coruña, Dani Castro por Lugo e Noa Presas por Ourense. Para o Senado, a exalcaldesa de Melide Socorro García Cea lidera a lista da Coruña, o exrexedor de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez encabeza a de Ourense. Ramón Nicolás será o candidato por Pontevedra e Montse Porteiro por Lugo. Os nacionalistas din que as súas candidaturas “recollen unha representación plural e diversa da sociedade galega”.