O BNG presenta propostas urxentes para combater a suba de prezos de produtos de primeira necesidade

Olaia Rodill_BNG.

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil presentou varias medidas urxentes para combater as consecuencias da suba disparada dos prezos que están afogando ás familias, pequenas e medianas empresas, traballadoras e traballadores e aos principais sectores produtivos.

Esta situación económica e tamén social,  precisa de medidas urxentes e nesa liña van as nosas propostas, afirmou Rodill: baixada do IVE nos produtos de alimentación, hixiene persoal, produtos do mar, no transporte público e a redución permanente do IVE para a electricidade. Outra das medidas que propoñemos, engadiu é “unha intervención pública sobre os beneficios chovidos do ceo ás eléctricas” para garantir que a enerxía hidráulica e a nuclear se paguen ao custe real da súa produción, porque hoxe, denunciou a nacionalista,  “estamos pagando salchichón a prezo de percebes” por un sistema de poxa totalmente “inadmisible” e con empresas que se están a lucrar “do empobrecemento no noso país”.

O BNG tamén reclama unha redución dos impostos sobre os hidrocarburos para rescatar ás persoas traballadoras que se ven obrigadas a desprazarse cada día e ao sector de transporte, un dos máis afectados pola escalada de prezos, o incremento do Salario Mínimo Interprofesional, das pensións mínimas e do complemento autonómico das pensións non contributivas. A actualización e suba do Ingreso Mínimo Vital e a RISGA, así como a aprobación dun Plan de compensación  para os sectores pesqueiro e agrogandeiro con axudas.

Estas propostas, remarcou Rodil,  son “realistas, xustas e factibles para rescatar ás persoas e aos sectores máis afectados” pola suba dos prezos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha