O BNG proclamará este domingo a Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta

O acto público, no que a formación nacionalista espera reunir centos de asistentes, terá lugar no Multiusos do Sar, en Compostela, este domingo día 3 de Decembro, as 12 do mediodía. Dende o BNG invitan a unirse a todos os afiliados, simpatizantes e interesados que así o desexen.

Os responsábeis de Comunicación e a de Organización do BNG, Xavier Campos e Lucía López , presentaron esta semana o acto de proclamación de Ana Pontón como candidata á Presidencia da Xunta. «É máis que a candidata do BNG, é a candidata do cambio», salientaron. O escenario elixido para este acto o Multiusos do Sar, un lugar no que o BNG xa protagonizou outros actos. Para o BNG, «votasen o que votasen» os galegos e galegas nas eleccións estatais, a figura de Ana Pontón é a «referencia do cambio para unha inmensa maioría», é a «esperanza política, a candidata do cambio» e a referencia do cambio político».

Neste sentido, e tomando de novo o simbolismo de que Goretti Sanmartín é a primeira alcaldesa muller e nacionalista de Compostela, o BNG aspira tamén a que Ana Pontón sexa a primeira muller á fronte da Xunta da Galiza. «Estou certo de que volveremos facer historia, por primeira vez, cunha muller feminista e nacionalista», salientou Campos.

A responsábel de Organización, que destacou a mobilización e apoio da militancia que «define sempre» ao BNG, apuntou que o acto do domingo é aberto a todas as persoas que se queiran achegar e esperan reunir centos de participantes.

O acto, que comezará o domingo ás 12 horas, estará conducido pola actriz Beatriz Campos e nel participarán representantes de todos os espectros sociais, desde o rural á innovación e ciencia pasando pola cultura. Será, deste modo, un acto «potente» no que o BNG «vai a por todas sexa cando sexan que se convoquen as eleccións». «É necesario dar á Galiza un cambio que sirva para implantar as políticas diferentes, que defenda os intereses dos galegos e galegas fronte a un Goberno do PP que sempre funcionou ao servizo de Xénova”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha