O BNG propón medidas urxentes para o sector agrario

1 minutes read

Representantes de sindicatos agrarios reuníronse este xoves coa voceira do BNG, Ana Pontón, para expoñerlle as súas demandas económicas.

O sector agrogandeiro está atravesando a tormenta perfecta e Feijóo está ausente, con Galicia como pasatempo á espera de instalarse en Madrid. Temos un presidente da Xunta desenchufado e desconectado, cando máis se necesita dun Goberno ao 100% e que aporte solucións”, salientou Pontón, “pero está mirando para os problemas do PP, non do País, nin da cidadanía e non ten activada nin unha soa medida para paliar a crise de prezos”.

Pontón cre que habería que tomar medidas urxentes como a rebaixa do gasóleo profesional ou un aprazamento de dous anos nos préstamos que pediron as explotacións. Moitos gandeiros venden por baixo do custo de produción, pero esta situación non é de agora. Para o BNG tamén existen “problemas estruturais” neste sector despois de trece anos de Goberno de Alberto Núñez Feijóo que fracasou á hora “de darlle unha posibilidade de futuro” ao medio rural.

En base a iso, Pontón tamén esgrimiu unha serie de medidas a “curto e longo prazo” que pasan por reducir a dependencia externa de cereais coa “mobilización de terra agrícola abandonada ou infrautilizada para aumentar a base de cultivo”.