A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que as cifras record de contaxios e de falecementos, -21 vítimas mortais nas últimas 24 horas, a metade persoas usuarias dunha residencia-, mostran que a pandemia está ao borde do descontrol e que, polo tanto, freala é unha urxencia que require medidas contundentes e inmediatas. Por iso, o BNG propón poñer sobre a mesa o confinamento, como a mellor maneira de frear a expansión do virus, e de adoptar esa medida canto antes. A portavoz nacional subliñou que Alemaña xa está recorrendo ao confinamento cando a incidencia por cada 100.000 habitantes é moito menor que a de Galicia, polo que insta ao Goberno de Feijóo a liderar a adopción de medidas contundentes.
Peche encuberto da hostalería
En relación á situación de crise económica, Pontón reclamoulle ao titular de Economía, Francisco Conde, que se adopten medidas de axuda aos colectivos máis afectados, como os e as traballadoras autónomas e a sectores que están á bordo da quebra como a hostalería, “que en realidade está soportando un peche encuberto sen recibir ningunha axuda. Por exemplo, cidades como Ourense un mes de peche encuberto sen recibir ningún apoio ou compensación”.