Se as máscaras son un elemento de protección contra o coronavirus deben estar accesibles para toda a poboación e, polo tanto, o seu uso non pode ser unha mera recomendación. Así o considera o BNG e por iso a portavoz nacional, Ana Pontón, pediu ao Goberno de Feijóo que estableza un protocolo propio e que garanta a distribución gratuíta das máscaras entre toda á cidadanía, polo menos mentres exista risco de contaxio. De cara a garantir ese abastecemento tanto no presente como no futuro, o Bloque insiste na posta en marcha dunha empresa pública adicada á produción de material de protección como guantes, batas ou hidroxeles.
O BNG propón que o uso das máscaras sexa obrigatorio e que a Xunta as entregue gratis
Foto.- bng.