O BNG propón que se reforce a atención primaria con 200 millóns de euros

1 minutes read

O BNG considera que nesta fase de loita contra a pandemia é clave tomar todas as medidas necesarias para unha desescalada segura e, con ese obxectivo, a portavoz nacional, Ana Pontón, pide ao xefe do Executivo galego que non se limite a tirar balóns fora e asuma a parte de traballo que lle corresponde como presidente da Xunta.

Entre as medidas para un desconfinamento seguro, a formación nacionalista propón reforzar a atención primaria, máscaras gratuítas para toda a poboación, a realización de test masivos e un plan de rastreo da pandemia específico para Galicia.

Ao lado destas medidas, o Bloque urxe poñer en marcha un plan de reforzo da atención primaria dotado con 200 millóns de euros, tendo en conta que a década de recortes do Goberno de Feijóo.