O BNG propón que sexa o Parlamento quen defina o novo modelo de financiamento

1 minutes read

A súa portavoz nacional, Ana Pontón, afirmou este luns que “é unha extravagancia política que para definir o modelo de financiamento que necesita Galicia se poida falar e se poida negociar con todo o mundo, menos cos galegos e coas galegas a través das forzas políticas que os representamos neste Parlamento, que parece que é o punto no que está o presidente da Xunta”. “Moito se fala da renovación do CXPX desde o bipartidismo, que me parece estupendo, pero non se fala nin unha décima parte de cambiar un sistema de financiamento que prexudica a Galicia”, recalcou.

Pontón, propón que sexa o Parlamento o foro no que se debata e se defina cal debe ser o novo modelo de financiamento que precisa Galicia, superando o actual sistema, caduco desde 2014, que lle fai perder ao País arredor de 5.000 millóns de euros anuais, tomando como referencia as cifras do último exercicio liquidado de 2019.