O BNG propón que Vigo se integre na ‘Rede de Cidades que Camiñan’

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego propón que o Concello de Vigo se integre na ‘Rede de Cidades que Camiñan’, unha iniciativa coa que buscan que a cidade avance cara un novo modelo urbano máis habitábel e verde. Así o anunciou este luns o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que salientou será un dos principais compromisos da fronte nacionalista nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

“Comprometémonos a mellorar o espazo público como lugar para camiñar, estar e socializar, fomentando a mobilidade sustentábel, a accesibilidade universal, a seguridade viaria, a calidade do medio ambiente e a autonomía infantil”, asegurou Igrexas, que adiantou que incorporarán as propostas recollidas no decálogo da ‘Rede de Cidades que Camiñan’, da que xa fan parte 78 municipios, no programa electoral “aberto e en positivo” dos nacionalistas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?