43
O Bloque Nacionalista Galego propón un horario de votación preferente para as persoas maiores e ampliar ata as nove da noite a xornada nos colexios electorais. Sería unha medida para facilitar ao máximo a participación na xornada do 12 de xullo, e avisa de que «o servizo postal non ten persoal suficiente para atender un voto por correo masivo coas debidas garantías democráticas».
Así o avanzou a coordinadora da campaña do BNG, Goretti Sanmartín, quen di estar a favor de adoptar todas as medidas que favorezan unha votación masiva pero con todas as garantías democráticas e sen mudar as regras de xogo fixadas na lei.