O BNG propón unha lei que modifique, de maneira excepcional, os contratos de arrendamento de locais de negocios coa actividade limitada pola pandemia. Explicouno en rolda de prensa a deputada Alexandra Fernández, que apela a axudar a manter os postos de traballo na hostalaría, no pequeno comercio e no sector cultural. A parlamentaria do BNG salientou que é o momento de poñer medidas en marcha de apoio aos negocios afectados por unha “situación de afogo económico” e neste sentido, alertou de que o peche de miles de negocios e perda de postos de traballo suporá un “golpe mortal no tecido socieconómico galego”. Fernández explicou que, a hostalería pechada debe soportar un importante gasto na renda dos locais, a pesar de non contar con ingresos. Alexandra Fernández criticou que a Xunta actúe “tarde no ámbito sanitario e tamén no socioeconómico” de aí a urxencia de tomar medidas de forma inmediata polo que agardamos que as iniciativas do BNG acaden o apoio parlamentario para facelas realidade, concluíu.
O BNG quere reducir os alugueiros dos negocios afectados pola pandemia
Cedida.