O BNG reclama a depuración de responsabilidades políticas e técnicas no accidente do Alvia

Bng.gal

  • Néstor Rego e Ana Miranda mantiveron un encontro coa asociación de vítimas de Angrois para reiterarlles o compromiso do Bloque coa verdade e a xustiza.

O BNG pídelle ao Ministerio de Transportes unha nova investigación técnica do accidente de Angrois, faino, tras o encontro que Néstor Rego mantivo coas vítimas do sinistro do Alvia. A formación nacionalista fai a petición ao considerar que a anterior investigación foi insuficiente porque só se centrou no maquinista e no exceso de velocidade.

Néstor Rego, non descartou pedir a reapertura da Comisión de Investigación no Congreso, que quedou paralizada pola convocatoria de eleccións.

“O actual goberno ten que distanciarse da xestión dos gobernos anteriores neste tema. Ten unha oportunidade histórica de facer as cousas mellor”, asegura o deputado nacionalista, quen considera que “xa non hai escusas para cumprir as directrices que marca Europa e implementar as medidas de seguridade e control de riscos necesarias para evitar outro accidente como o de Angrois”.

Na xuntanza acordaron pedirlle ao Goberno datos veraces para dirimir responsabilidade políticas e técnicas.