33
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a portavoz municipal da formación nacionalista en Santiago, Goretti Sanmartín, presentan a campaña de denuncia pola suba de prezos incontrolada que está provocando o empobrecemento das clases populares. Reivindican a adopción de medidas sólidas e urxentes para dar solución a este problema e que a organización nacionalista xa trasladou ao Goberno do Estado, a destacar a intervención pública no sector eléctrico ou a baixada dos impostos nos carburantes. Así mesmo, chaman á mobilización nacional convocada polo BNG para o vindeiro domingo, 3 de abril, en Santiago de Compostela para que tanto o goberno galego como o do Estado actúen de forma inmediata e áxil para paliar a crise.