O BNG reclama a paralización do Parque de Eólica Mariña Nordés

1 minutes read

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a deputada no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, presentaron as alegacións do BNG ao Parque de Eólica Mariña Nordés e manifestaron o rexeitamento da frente nacionalista ao proxecto que, de levarse adiante, suporá a perda de millares de postos de traballo no sector pesqueiro galego e un grave dano ambiental. Así mesmo, adiantan unha batería de accións institucionais e sociais e o apoio do BNG ao sector pesqueiro.

Ambos amosaron unha posición claramente coincidente coa expresada polo sector pesqueiro galego. O Parque Eólico mariño afectará entre 268 e 280  quilómetros cadrados de costa frente ás comarcas de Ferrol, Ortegal e A Coruña, o que supón a afectación de 30 caladoiros fundamentais. “Estamos falando de 80 muíños e corredores e ringleiras de cables que suporá un enorme impacto ambiental” explican.

Nas alegacións que foron remitidas ao Ministerio contémplanse os principais motivos polos que a organización nacionalista se opón de maneira frontal á implantación deste parque.