O BNG reclama á Xunta axudas do IGAPE para o sector do transporte

Foto.- Cedida.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón mantivo un encontro, por vídeo conferencia, con representantes do sector do transporte de viaxeiros por estrada no que tamén participou o deputado e responsable de Ordenación do Territorio e Mobilidade do BNG, Luís Bará.

Pontón salientou que o sector aínda non está recuperado da crise do 2008, como reflicte a perda de número de viaxeiros, polo que urxe acometer medidas entre as que destacou: o reparto gratuíto, por parte da Xunta, de máscaras a persoas usuarias do transporte público para garantir a seguridade,  axudas ás Pemes para manter o emprego e servizos e  comezar a traballar sin dilación na  “adaptación  dos contratos de concesión de servizos e os contratos de xestión de servizos vixentes”, tendo en  conta o parón producido pola crise do coronavirus.

Ana Pontón afirmou que resulta imprescindible  poñer en marcha un paquete de medidas como o aprazamento de pagos por  leasing, renting, e préstamos destinados a compra de vehículos  ás entidades financeiras moi especialmente por parte das empresas de transporte de servizo discrecional e turístico, ademais incidiu na urxencia de “aplicar descontos nas peaxes da AP-9” como xa reclamaron por escrito as catro Federacións do sector a AUDASA e solicitando, como mínimo as “mesmas vantaxes para o transporte público en autobús por estrada que na actualidade benefician ao vehículo privado.