O BNG reclama á Xunta que garanta as prazas públicas nos centros de ensino de Vigo cunha nova zonificación

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) reclama á Xunta de Galiza que garanta prazas públicas en todos os centros educativos de Vigo cunha nova zonificación escolar. A fronte nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Parlamento galego para demandar do Goberno do PP que corrixa o déficit actual, garantindo que o alumnado poida cursar estudos o máis preto posíbel do seu fogar en todas as etapas.

«A actual zonificación escolar de Vigo está totalmente obsoleta logo de 26 anos de vixencia», valora a deputada do BNG, Alexandra Fernández. Un período no que a cidade mudou tanto na súa extensión como na súa distribución demográfica provocando que esta «arcaica e errática» zonificación non dea resposta ás necesidades actuais.

Dende o Bloque afearon a falla da avances pese os numerosos anuncios por parte da Xunta para modificar esta zonificación. Un novo deseño dos centros escolares que, a xuízo da deputada nacionalista, debe elaborarse en diálogo permanente e co consenso da comunidade educativa.

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’