A Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón visitou Carballo este mércores. Felicitou ao BNG local polos resultados acadados nas pasadas eleccións municipais, e a Evencio Ferrero en particular. En rolda de prensa expuxo as demandas necesarias para que Carballo avance, entre elas a circunvalación e a ampliación de chan empresarial.