Na celebración do 1º de Maio a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lembrou que estamos vivindo unha situación de excepcionalidade marcada por unha crise sanitaria aparellada a unha grande crise social e económica e neste contexto, urxe “derrogar as reformas laborais” que precarizan o emprego. Para a nacionalista é necesario poñer en marcha “un gran acordo de país” para saír da crise cunha alternativa económica que aposte por crear emprego de calidade. Estamos ante un primeiro de maio excepcional e ante unha situación de confinamento pero non podemos permitir que tamén se “confinen os nosos dereitos”. Hai que traballar nunha alternativa social para superar a crise do coronavirus e facelo confiando e apostando polas posibilidades e potencialidades que ten Galicia, afirmou Pontón.
36