O BNG reclama garantías no voto por correo

1 minutes read

O BNG reclama garantías democráticas e sanitarias no voto por correo. Nun escrito enviado á Xunta Electoral, reclama a posta en marcha das medidas necesarias para ofrecer estas garantías ante o previsible aumento desta modalidade nas próximas eleccións previstas para o 12 de xullo.
En concreto, o BNG chama a atención sobre a obrigatoriedade da sinatura para recoller e entregar documentos ou paquetería oficial.

No relativo ás garantías sanitarias, a formación que lidera Ana Pontón chama a atención tanto sobre a seguridade das persoas que queren exercer o seu dereito ao voto como a das traballadoras e traballadores de correos, máxime cando todo apunta a un incremento do número de electores e electoras que optarán por esta modalidade.