O BNG reclama que se investigue o accidente do Alvia no Congreso e no Europarlamento


O BNG vai presentar novas iniciativas en Bruxelas e no Congreso para conseguir unha comisión de investigación independente sobre o accidente do Alvia en Angrois. Consideran inadmisible que case sete anos despois do sinistro aínda non se aclararan as responsabilidades, e pídenlle ao novo Goberno que presente un plan de seguridade ferroviaria de forma inmediata para evitar novos sinistros.

“Queremos saber asemade se no marco da investigación técnica independente vai darse audición ás vítimas do accidente de Angrois e os seus familiares”, subliña o deputado do Bloque, Nestor Rego, quen considera inaudito que tiveran máis facilidades para ser recibidas pola comisaria de Transportes da Comisión Europea que polo ministro de Fomento.