O BNG recolleu sinaturas na feira de Paiosaco para reclamar melloras na sanidade local

O pasado domingo na feira en Paiosaco o BNG local acompañados polo deputado Óscar Ínsua e tamén arropupados por tres concelleiros do goberno de Carballo, volveu saír á rúa para dar a coñecer a súas reivindicacións na mellora de servizos no Centro de Saúde da Laracha.

Durante a xornada repartiron folletos informativos, recolleron sinaturas e coñeceron de primeira man as inquedanzas da veciñanza. “O que máis nos está a sorprender é a cantidade de xente que vive na Laracha e manten o médico noutra localidade, precisamente pola falta de servizo en horario vespertino, algo que lles resulta imprescindible para poder conciliar a vida persoal coa laboral”– aseguraron os promotores da iniciativa. Que ademais  resaltaron que en escasas tres horas conseguiron varios centos de sinaturas.

A portavoz do BNG larachés, Carolina Castiñeiras, declarou tamén que grazas á presión que está facendo a súa formación, están obrigando ó PP a moverse: “soubemos que en breve se vai implementar un servizo de psicoloxía no Centro de Saúde na Laracha, algo que consideramos esesncial e que xa debería de levar tempo funcionando. Lembremos que dende que se inagurou o PAC, o PP falou de incrementar servizos polos que a Laracha leva agardando dende antes da Pandemia.”

Pola súa banda, o deputado no Parlamento Galego, Óscar Ínsua lembrou que o Partido Popular da Laracha votou de novo en contra, no último pleno ordinario, a esta reivindicación de sumar máis persoal médico e sanitario na Laracha e anunciou que nas vindeiras semanas se presentarán todas estas sinaturas na Consellería de Sanidade, como medida de presión para conseguir este servizo.

Finalmente, animaron á veciñanza a seguir participando coa súa sinatura nesta campaña que xa se atopa na súa recta final.

Related posts

Carballo impulsa ‘Camiñando Xuntas’, un programa de encontro e empoderamento para mulleres

A parlamentaria socialista Patricia Iglesias acusou á Consellería de Educación de “tomarlle o pelo” á cidadanía de Cee

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis renova o seu convenio coa Fundación «La Caixa»