O BNG recrimínalle á Xunta o recorte de 375 camas na área sanitaria de Vigo

Montse Prado_Web BNG

O Bloque Nacionalista Galego demanda unha rectificación da Xunta de Galicia polo recorte de 375 camas hospitalarias na área sanitaria de Vigo. A fronte nacionalista denuncia que o novo peche previsto para os meses de verán vai supor un aumento das «insoportábeis» listas de espera e un «maior risco» para a saúde da poboación.

«Pechar camas ten contraindicacións e efectos secundarios, especialmente graves porque deixan baixo mínimos os quirófanos, os equipos de diagnóstico e os cadros de persoal», cuestionou a portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, que xunto co concelleiro nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificaron de «inaceptábel este novo tesoirazo» do PP na prestación sanitaria ás portas do verán, conclúen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha