O BNG reivindicou nun acto en Dumbría a memoria das vítimas da silicose do túnel de Castrelo

1 minutes read

O BNG da Costa da Morte levou a cabo este sábado no Centro Social de Dumbría unha homenaxe ás vítimas da silicose do túnel de Castrelo, como mostra de recoñecemento á memoria de ducias de traballadores e traballadoras da antiga empresa Carburos Metálicos que morreron a mediados do século pasado a causa de dita enfermidade mentres realizaban labores de construción dun túnel de abastecemento de auga para a central eléctrica de Castrelo (Dumbría), sen as condicións axeitadas de protección e seguridade para a saúde.

Un cento de persoas asistiron ao acto, que foi presentado polo portavoz municipal do BNG de Dumbría, Xaime Trillo, e que comezou cunhacharla-coloquiona queparticiparonCelina Cambeiro, muller que na actualidade ten 93 anos  e que traballou no túnel de Castrelo; eXesús Túñez, fillo dun falecido pola silicose.

Tanto Celina como Xesús contaron as súas lembranzas do tráxico suceso, e entre o público asistente tamén houbo quen tomou a palabra para reivindicar aos falecidos e falecidas, e sinalar a responsabilidade da compañía, que sempre foi resistente a recoñecer a enfermidade e reparar ás vítimas.

Ao final da xornada houbo un recital poético da man de Begoña Barral, Suso Baamonde, Álex López e Mari Carmen Rey Núñez, que estivo amenizado coa música do saxofonista Juanma Abelleira Ronquete.