O Consello Nacional do BNG acordou este sábado manter as listas das eleccións do 5 de abril, suspendidas pola pandemia do coronavirus, para os próximos comicios do 12 de xullo. Así, a portavoz nacional, Ana Pontón, manifestou que «non cambia as ganas e a ilusión de ser a primeira muller presidenta» da Xunta. Na súa intervención, a portavoz nacional, instou a mobilizarse de cara á cita electoral porque na Galiza post-Covid19 é aínda máis necesario un “cambio galego” para a reconstrución do país, e para conseguilo o BNG sae a por todas. A candidata nacionalista avanzou cal sería a súa primeira proposta a fronte do Goberno do país: “convocar a todos aos axentes políticos, sociais e económicos para tecermos un grande acordo de país para a reactivación económica e social”, porque Galiza, subliñou, “ten que estar sempre por riba das siglas”.
34