O BNG reúnese con mergulladores de Fisterra para dar conta do traballo realizado en defensa do sector

O deputado do BNG pola Costa da Morte, Oscar Insua, reuniuse este venres 14 de novembro con mariscadores mergulladores de Fisterra para trasladarlle todo o traballo que leva realizado no Parlamento galego en defensa do sector e das súas necesidades.

O deputado nacionalista, que estivo acompañado polo responsábel local do BNG Fisterra, Cholo Mouzo, explicou aos traballadores do mar as xestións que leva feito na Consellería do Mar para intentar buscar solucións aos problemas do sector.

Insua lamentou que desde a Xunta neguen a posibilidade de que os mergulladores poidan usar a técnica subministración de aire desde superficie para a extracción de ameixa na praia da Langosteira, e lembrou que xa hai meses que levou ao Parlamento esta demanda da agrupación de mariscadores de Fisterra.

O parlamentario do BNG manifestou que “seguiremos insistindo no tema, porque creo que se as novas tecnicas existentes axudan a mellorar as condicións de traballo do sector, hai que adoptalas, coma pasa en calquera outra profesión».

Related posts

Carballo acolleu a gala anual de entrega dos premios Vilas en Flor

Portos traslada á confraría e o club marítimo de Corcubión os avances no estudio ambiental do porto mixto

Conclúe a reforma da cantina do campo do Cairo, en Corme