- O BNG negouse a apoiar a OTAN e esixía incluír que a única vía para acabar co conflito é a diplomática.
Non haberá, de momento, no Parlamento galego un pronunciamento institucional unánime contra a invasión de Ucraína por parte da Rusia de Putin. O BNG negouse a apoiar unha declaración de condena que acordaran entre populares e socialistas. Os nacionalistas ofreceron outro texto alternativo, pero por agora non hai acordo ao respecto. Os nacionalistas acusan ao PP e ao PSdeG de «utilizar a dor dun pobo, os mortos e os refuxiados desta guerra para atacar ao BNG». «É o máis indecente que vin neste Parlamento», lamentou este martes a portavoz nacionalista na Cámara autonómica, Olaia Rodil. O BNG ofrecía como alternativa, recuperar, como texto de consenso entre os partidos, unha declaración institucional de condena á invasión que aprobaran todos os grupos na Deputación da Coruña. Ese texto, ademais da condena á invasión e a solidariedade co pobo ucraíno, reclama «a volta á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas para alcanzar acordos de paz duradeiros».